Continúan as actividades no Centro de Visitantes das Illas Atlánticas

Portada » O Parque Nacional » Continúan as actividades no Centro de Visitantes das Illas Atlánticas

Set 9, 2018 | ACTUALIDADE

Esta semana temos unha programación especial para darlle a benvida o outono con actividades adicadas aos cogomelos

O martes 11 arrincamos cunha visita guiada no Centro de Visitantes, “Coñecendo os tesouros micolóxicos do Parque Nacional” e o xoves presentaremos unha interesante charla para introducirnos no mundo dos fungos. O venres 14 no clásico cine en verde, proxectaremos o documental “El mundo de las setas” e o sábado 15, os máis cativos da casa converteránse en pequenos micólogos.

Animádevos a visitarnos no Centro de Visitantes das Illas Atlánticas situado no edificio Cambón no casco vello de Vigo

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos