Ons: unha illa habitada · Paula Ballesteros-Arias e Cristina Sánchez-Carretero
CAPÍTULO 4 (XIV)
Os seus lugares
Cruceiro de Ons
Cruceiro emprazado no alto do barrio de Curro xunto á igrexa de San Xaquín, no seu lado leste en fronte da sancristía, nunha zona axardinada que funciona como lugar de campo da festa onde se festexa o día do patrón.
O cruceiro está feito en pedra de granito sobre tres escadas de planta cadrada.
A base é de planta cadrada sen ningunha inscrición ou motivo decorativo. O fuste é de sección cadrada coas esquinas en chaflán. En dúas caras do fuste hai dúas pequenas imaxes en relevo, na nordés a Virxe co neno en brazos e na suroeste unha figura masculina dun santo. O capitel é unha peza exenta de granito de forma cadrada, coa imaxe de doce figuras humanas, tres en cada unha das caras, que poderían corresponderse cos doce apóstolos.
Sobre o capitel se dispón a cruz de forma latina e sección cadrada. Na cara suroeste, no reverso, ten unha imaxe que representa á Virxe coroada, sedente con neno nos brazos, e no anverso unha imaxe de Cristo crucificado de tres cravos, co pano da pureza e a súa cabeza inclinada cara ao lado dereito. Tanto a Virxe como Cristo e o resto das figuras do cruceiro son de formas redondeadas.
Imaxe destacada: vista xeral do cruceiro. O cristo, no anverso, está orientado ao leste © CSIC
Se dispón de conexión a internet, recomendámoslle que consulte o vídeo “Ons: mar, terra e identidade” a través desta ligazón
Título: Ons: unha illa habitada
Autor: Ballesteros-Arias, Paula ; Sánchez-Carretero, Cristina
Dispoñibilidade: Descarga gratuita en Apple
Ler tamén: Ons: unha illa habitada