Cursiño “Sons das Aves da illa de Cortegada”

Portada » O Parque Nacional » Cursiño “Sons das Aves da illa de Cortegada”

Xul 3, 2017 | ACTUALIDADE

Cursiño teórico-práctico “Sons das Aves da illa de Cortegada”

Obxectivos: Unha das características que nos poden chamar máis a atención sobre as aves é a súa habilidade para emitir sons distintos. Ademais para a observación das aves, o recoñecemento dos seus cantos é unha ferramenta imprescindible para detectar a súa presenza, sobre todo no caso daquelas que habitan en contornas forestais ou de densa vexetación.

Os obxectivos fundamentais desta xornada son: 

– Poñer en valor ás aves dos espazos naturais protexidos (illa de Cortegada) e iniciar ós participantes no mundo da ornitoloxía.
– Aprender a recoñecer as aves máis comúns a través de seus cantos.

Programa:

9:15h-Rececpión dos participantes.
9:30h-Introdución ós sons das aves (cantos, reclamos, vocalizacións e outro tipo de sons).
10:30h-Descanso-café.
11:00h-As aves de Cortegada.
12:30h-Guías sonoras e técnicas de identificación.
13:30-15:00-Xantar.
15:00-15:30: Saída dende o porto de Carril ata a Illa de Cortegada.
15:30-18:00-Ruta ornitolóxica pola illa de Cortegada.
18:00-18:30-Repaso das especies observadas.
18:30-19:00h-Regreso o porto de Carril e fin da xornada.

Número de prazas: Máximo 25 participantes.
DATA de celebración: 8 de Xullo de 2.017 (mínimo para a celebración do curso 20 pax).
Inscrición: ata o 7 de xullo.Prezo do curso: 20 € (inclúe xantar no restaurante A Batea, traslado ata a Illa de Cortegada).
Información: 625807923-639870488, info@corticata.com.
Organiza: Corticata Turismo Medioambiental.
Colaboran: Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas, concello de Vilagarcía de Arousa

Premer sobre a imaxe para a ampliar e mirar o programa:

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos