Días 21 e 22 de Maio.
Curso eminentemente práctico no que aprenderás a manexar os parametros da túa cámara dixital (compacta ou reflex) para quitarlle o máximo rendemento e conseguir así mellores fotografías.
Servíndose da contorna natural da Serra de San Mamede, utilizaránse os recursos que nos ofrece para practicar diferentes técnicas. Así por exemplo, os ríos mostráranvoos que significa “tempo de exposición”, as paisaxes a “profundidade de campo” e as noites estreladas a “sensibilidade ISO”.
O aloxamento está incluído no albergue rural e o prezo da actividade completa é libre. En función das túas posibilidades e do que recibiches, estableces o que consideres que é xusto.
Prezo libre, aloxamento incluído.
Máis información e inscricións: info@ascorcerizas.com
Información e Reservas
Xeral: Centro de Educación Ambiental e Albergue As Corcerizas
info@ascorcerizas.com
Formación e Educación Ambiental: Amigos da Terra en Vigo
Rúa Velázquez Moreno, 9-2º.
36201 Vigo
Teléfono: (+34) 986 229 089
Albergue Rural: Amigos da Terra en As Corcerizas
Pista forestal Arnuide – San Mamede Km. 10
32705 – Arnuide. Vilar de Barrio. Ourense
Teléfono: (+34) 988 302 403
Como chegar:
As Corcerizas atópase a unha distancia de 50 Km. de Ourense, na montaña entre as vilas de Maceda e Xinzo de Limia. Forma parte do Concello de Vilar de Barrio, no monte comunal de Arnuide, pobo co que se comunica a través dunha pista a 10km. de distancia e que continúa ata o cumio da serra.
Facebook As Corcerizas
Web As Corcerizas