Descubrindo o Parque Nacional. Visitas guiadas en Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada

Portada » O Parque Nacional » Descubrindo o Parque Nacional. Visitas guiadas en Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada

Xuñ 29, 2017 | ACTUALIDADE

Visitas guiadas aos catros arquipélagos do Parque Nacional

A Xunta de Galicia amplía o programa de rutas guiadas estivais aos catro arquipélagos do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio organiza máis de 400 visitas guiadas estivais gratuítas polos arquipélagos do Parque Nacional Illas Atlánticas, baixo o lema “Descubrindo o Parque Nacional

Este programa ten o propósito de animar aos cidadáns de todas as idades a coñecer os valores destes espazos naturais, completando e enriquecendo así a actividade de praia ou de senderismo que fan os visitantes durante o verán.

O programa de rutas estivais naceu en 20o4 , ofertando 2 ou 3 rutas guiadas diarias en Cíes e Ons co seu equipo propio de guías, as dúas illas que teñen transporte regular diario e que son moi visitadas por particulares no verán. Para participar nestas rutas os visitantes anotábanse o propio día da ruta nas casetas de información habilitadas en Cíes e Ons. Ditas rutas tiveron sempre moi boa acollida, participado nas mesmas máis de 40.000 persoas.

Como novidade para este verán, o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia ofertará rutas guiadas propias para Sálvora e Cortegada con grupos que organiza o propio Parque.

Estas visitas fanse con grupos reducidos coa fin de poder ofrecer a máxima calidade de visita a este espazo protexido. Están recomendadas para un público maior de 12 anos.

En total ofrécense  máis de 400 rutas (60 a través da central de reservas) durante o verán con aproximadamente 10.000 prazas (700 prazas na central, o resto nas casetas de Cíes e Ons) a disposición daqueles que queiran coñecer a natureza e a historia do Parque Nacional.

A ruta realizarase en galego ou castelán segundo a procedencia dos participantes.

Fai clic sobre a imaxe para mirar calendario e programa:

Novidades:

Como novidade para este verán, o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia ofertará rutas guiadas propias para Sálvora e Cortegada con grupos que organiza o propio Parque.

Atendendo ás suxestións dos propios visitantes, en Ons e Cíes abrirase tamén a posibilidade de reservar praza na central de reservas para certos días da semana, complementando así a posibilidade de apuntarse directamente nas casetas de información (ata cubrir as prazas).

Calendario:

As rutas ofertaranse todas as semanas dende o 30 de xuño ata o mediados de setembro. A Sálvora ofertaranse os martes, venres, sábados e domingo do verán. En Cortegada ben os martes ou ben os venres de xullo e agosto, segundo o horario que marquen as mareas que permitindo así un traslado seguro.

A primeira das visitas guiadas, de balde, celebraráse en Sálvora o día 4 de xullo ás 10:30, na que 12 persoas poderán coñecer a ruta histórica-xeolóxica sobre o que as rochas revelan das xentes e da natureza

Temática:

En canto á temática das rutas guiadas, en Cortegada a botánica e a historia guiarán os pasos, namentres que na illa de Sálvora as rochas serán as que nos irán descubrindo a historia e natureza da illa.

Características das rutas guiadas en Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada premendo aquí ou en cada arquipélago:

SÁLVORA, RUTA GUIADA “ILLA DE LENDAS E ESCULTURAS”

CORTEGADA, RUTA GUIADA “O SEGREDO DUN BOSQUE NO MAR”

CÍES, RUTA GUIADA “ILLA DE PAISAXES”

ONS, RUTA GUIADA “UNHA ILLA CON DÚAS CARAS”

Transporte:

Para o transporte dos participantes ata as illas, (gasto que corre ao seu cargo), no caso de Cíes e Ons, os participantes poderán acceder a través da liña regular que as distintas navieras  autorizadas ofrecen dende distintos portos, ou ben achegarse en embarcación privada autorizada.  Para o caso de Sálvora e Cortegada, onde por razóns de conservación non hai transporte regular diario, o Parque organiza o transporte, aínda que o custo do billete asumiráo o participante. Así, no caso de Sálvora  o barco sairá dende o porto da Illa de Arousa os domingos cun coste de 20€ e dende Aguiño os martes, venres e sábados (14€). A Cortegada sairase dende o porto de Carril (Vilagarcía de Arousa) cun prezo de 10€.

Solicitudes:

Todas aquelas persoas interesadas en participar nalgunha destas actividades deberán reservar a súa praza a través da web da central de reservas que ten habilitado o Organismo Autónomo de Parques Nacionais, lugar onde están centralizadas todas as actividades que se ofrecen en todos os Parques Nacionais de España. A ligazón web é www.reservasparquesnacionales.es.

No apartado específico do Parque Nacional das Illas Atlánticas, aparece un listado das actividades ofertadas para cada unha das rutas co seu respectivo calendario. Cada persoa poderá reservar para unha soa ruta por illa. Habilitarase tamén unha lista de agarda, coa que cubrir posibles baixas en Sálvora e Cortegada.

Procedemento:

As prazas ofertadas a través da central de reservas iranse abrindo progresivamente uns 15 días antes de cada ruta, aproximadamente.

Tamén poderase cubrir dita solicitude acudindo á sé do Parque Nacional (rúa Oliva 3, Vigo). No caso de Cíes e Ons nas casetas de información das illas o propio día xa que se ofertan plazas a diario (plazas limitadas).

Os menores deberán ir acompañados dun adulto, e por cada adulto participante, admitiranse como máximo dous menores ao seu cargo.

A actividade será gratuíta na illa, pero cada persoa participante debe asumir o custo do transporte ao arquipélago, que deberá ser abonada antes de comezar o servizo. O transporte ao peirao de saída corre a cargo dos participantes.

No caso de non poder asistir á actividade deberase anular na mesma web de central de reservas onde se fixo a reserva e como máximo tres días antes a cada ruta, co fin de dispoñer da praza para outras persoas interesadas.

*LISTA DE AGARDA PARA AS RUTAS DE VERÁN

*O calendario pode sufrir modificacións ou anulacións por razóns metereolóxicas u organizativas

Imaxe destacada: © Fernando Rey

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos