Desfrutando do areal do Almacén na illa de Sálvora
Unha fermosa vista a través dun fantástico rexistro fotográfico de Gainzafer do areal do Almacén na illa de Sálvora. O arquipélago de Sálvora xunto aos de Cíes, Ons e Cortegada conforma o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia localizado nas Rías Baixas de Galicia.
Este dito areal do Almacén de Sálvora é o único onde se permite o uso público xa que os areais dos Bois, Zafra e Lagos atópanse en zonas de reserva para garantir a conservación destes valiosos ecosistemas de praia-duna.
Premer sobre a imaxe para a poder ampliar:
Para saber moito máis sobre a illa de Sálvora non tes máis que poñer no buscador de Cíes.gal a palabra Sálvora ou premer AQUÍ.
Imaxe: © Gainzafer