Difusión do patrimonio natural e cultural das illas Atlánticas

Portada » O Parque Nacional » Difusión do patrimonio natural e cultural das illas Atlánticas

Set 29, 2015 | TURISMO, VIDEOBLOG

Moitos dos lugares máis significativos e frecuentados do Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia contan desde 2014 cun innovador sistema interactivo de acceso á información co que se poderán coñecer os valores e características dos ecosistemas tanto submarinos como terrestres, as diferentes especies de flora e fauna ou a singular historia e etnografía das illas e os seus habitantes. Desta forma o usuario enriquece a súa visita coa máis variada oferta informativa dos valores que ofrece o P.N

Un total de trinta etiquetas distribuídas polo catro arquipélagos que conforman o Parque (Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada) e nos peiraos de embarque ás illas (Vigo, Baiona, Bueu, Carril, Portonovo, Cangas, Sanxenxo e O Grove), permiten ao visitante coñecer os seus recursos patrimoniais máis importantes a través do seu Smartphone, en galego, castelán e inglés sen necesidade de descargarse ningunha aplicación.

O proxecto Sendas Atlánticas oferta ao visitante unha nova experiencia na súa estancia, informando sobre os múltiples valores cos que conta o Parque a través de diversa información sobre o seu patrimonio cultural e natural.

En definitiva, un novo recurso educativo e divulgativo para o público en xeral, un complemento dinamizador para uso e goce dos diferentes perfís de visitantes que acceden ao Parque Nacional.

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos