Doutra vez esperando a primavera?. Desfrutamos este outono porque volverémolos mirar

Portada » O Parque Nacional » Doutra vez esperando a primavera?. Desfrutamos este outono porque volverémolos mirar

Nov 3, 2016 | FOTOBLOG, NATUREZA

Esperando doutra vez a primavera?. Desfrutamos este outono porque volverémolos mirar

Rematou o verán, temos un outono moi cálido e volverémolos mirar a primavera e o verán que ven. Referímonos aos polos de gaivota patiamarela (Larus michahellis) que nacen no Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e na súa contorna. Agora estes pitos xa se convertiron en exemplares inmaduros ou xuvenís que xa están emancipados e teñen que aprender axiña a desenvolverse para poder sobrevivir, poder chegar a adultas e reproducirse. O camiño non é doado.

Aínda que gozan de mala fama, nós, evidentemente apreciámolas e así o queremos transmitir a través desta magnífica instantánea obra de Fernando Rey Daluz, e para saber e transmitir máis, convidámosvos a que consultedes as seguintes ligazóns que aportamos.

Pódenche interesar tamén:

A gaivota patiamarela. Introdución

Vídeo da cópula dunha parella de gaivota patiamarela

Gaivota patiamarela contemplando o horizonte Atlántico

Parella de gaivota patiamarela descansando en Monte Faro

Patiamarela vixiante nos cantís

Exemplar adulto reprodutor

Unha gaivota patiamarela leucística en Montefaro

Estratexias de gaivotas expostas a perigos durante a incubación

Casos de depredación de lagarto arnau por gaivota patiamarela no Parque Nacional das Illas Atlánticas (EN)

Calma e tranquilidade na Lagoa dos Nenos

Volverémolos mirar a tempada que ven!

Aproximación ás colonias de aves mariñas do Parque Nacional

Aves mariñas na ría de Vigo

Premer sobre a imaxe para a poder ampliar:

Imaxe: 

© Rey DaLuz

LuzLux

Santiago Boado Aguinaga
Author: Santiago Boado Aguinaga

Santi Boado é licenciado en Historia pola Universidade de Santiago. Investigador, divulgador e redactor. Naturalista vocacional, ten formación en comercialización e información turística, interpretación do patrimonio e educación ambiental. Exerce de guía-intérprete en espazos con valor patrimonial. Tamén é guía acreditado do Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e membro da Asociación de Guías Acreditados das Illas Atlánticas de Galicia-Agaia, do clube de montaña Pena Trevinca-Montañeiros de Galicia e da Seo-Birdlife.

Otros artículos

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Excursionistas, bañistas e gamelas na praia de Nosa Señora ou do Chuco. Este areal está situado fronte ao illote dos Viños na illa do Medio ou Montefaro do arquipélago das illas Cíes. Premer sobre a imaxe para a poder ampliar: [gallery columns="1" size="full"...

O embarcadoiro de Cortegada en 1906

O embarcadoiro de Cortegada en 1906

O embarcadoiro de Cortegada en 1906 Vella tarxeta postal centenaria que nos mostra o embarcadoiro e parte da aldea da illa de Cortegada, fronte a Carril, no ano 1906, pouco antes da doazón á monarquía e abandono por parte dos seus habitantes. Ao fondo, sobre Carril, o...