Está dispoñible o atlas das pradarías mariñas de España

Portada » O Parque Nacional » Está dispoñible o atlas das pradarías mariñas de España

Xuñ 15, 2016 | CIENCIA, NATUREZA

Está dispoñible o atlas das pradarías mariñas de España -GRATIS-

O Atlas de pradarías mariñas de España xa está dispoñible na páxina web do IEO, que será o lugar web de referencia con vistas a citar a publicación.

O Atlas das pradarías mariñas de España, a primeira obra de ámbito nacional publicada sobre a distribución e o estado ecolóxico dos bosques mergullados das nosas costas, xa pode descargarse íntegro e de forma gratuíta na web do IEO. Pode descargarse nesta ligazón.

Trátase dunha obra colectiva na que participaron 84 expertos procedentes de todas as Comunidades Autónomas costeiras, membros das institucións científicas e administracións que durante os últimos 40 anos estiveron implicados no estudo, xestión e protección destes valiosos hábitats mariños. O Atlas foi promovido e coordinado polo Instituto Español de Oceanografía (IEO), a Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN) e o Instituto de Ecoloxía Litoral (IEL), contribuíndo ao seu financiamento a Fundación Biodiversidade.

 

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos