Estamos escavando. Actividades de campo e laboratorio para visitantes.
Volven as escavacións arqueolóxicas ao castro San Cibrao de Las!
E no PACC queren que vivas esta intervención en primeira persoa, polo que poderás coñecer o castro, a zona de escavación e interactuar cos arqueólogos en interesantes visitas guiadas; ademais doutra actividade que tamén te abraiará. Cerámicas, fíbulas, aneis, muíños, pesas de tear, puñais de antena, ósos…? Que sorpresas e obxectos agardan baixo a terra da Cidade? Descubrirálos no corazón do proceso da investigación: o Laboratorio do Centro de Interpretación da man dos arqueólogos.
Se queres estar ao tanto do día a día das escavacións non o dubides e visítaos!
Todos os días ás 13:00 horas baixo reserva en outubro e novembro.
Actividade gratuíta coa entrada ao Parque.
Máis información e contacto:
Teléfono: 988 267 285
Correo: info@pacc.es
Parque da cultura castrexa-PAAC