Estampa estival para dar a benvida ao solsticio de inverno

Portada » O Parque Nacional » Estampa estival para dar a benvida ao solsticio de inverno

Dec 21, 2016 | FOTOBLOG, TURISMO

Estampa estival para dar a benvida ao solsticio de inverno

Rememorando a época estival, atopámonos con esta fermosa imaxe de Fernando Rey Daluz dun día calquera nun verán na ría de Vigo, Rías Baixas de Galicia. En concreto, na praia e areal da Nosa Señora, na illa do Medio ou Montefaro do arquipélago das illas Cíes, que xunto a Ons, Sálvora e Cortegada conforman o Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Podes consultar tamén: 

Areal da Nosa Señora. Illas Cíes (I)

Arquipélago das illas Cíes. Presentación

O Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Presentación

Premer sobre a imaxe para a poder ampliar:

Imaxe: 

© Fernando Rey Daluz

Luzlux

Santiago Boado Aguinaga
Author: Santiago Boado Aguinaga

Santi Boado é licenciado en Historia pola Universidade de Santiago. Investigador, divulgador e redactor. Naturalista vocacional, ten formación en comercialización e información turística, interpretación do patrimonio e educación ambiental. Exerce de guía-intérprete en espazos con valor patrimonial. Tamén é guía acreditado do Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e membro da Asociación de Guías Acreditados das Illas Atlánticas de Galicia-Agaia, do clube de montaña Pena Trevinca-Montañeiros de Galicia e da Seo-Birdlife.

Otros artículos