“En todas as mans” #Tour Gz 16
Desgraciadamente, con cada verán, o monte en Galiza vólvese actualidade. Mais volverán as chuvias e todas esqueceremos eses territorios que ollamos desde as xanelas dos nosos coches cando imos pola autoestrada. Antes de que iso aconteza tes que ver este documentario.
“En todas as mans” é unha aproximación á realidade do man-común, un mundo tan próximo como descoñecido. Unha realidade milenaria, única, que debe afrontar, tamén, un futuro. O documentario mostra a épica dunha vontade, loitar por mellorar os territorios que habitamos. Dous territorios, Galiza e Portugal, e unha realidade, os montes veciñais ou baldíos.
“En todas as mans” é unha ollada aos seus habitantes na procura dun horizonte, que os territorios comunitarios que xestionan sexan xeradores de riquezas económicas, ambientais e sociais para os seus pobos.
Descobre unha realidade que te vai conmover. Un mundo onde o futuro se conxuga en plural. Un futuro no que participemos e decidamos todas. Se aínda non viches “En todas as mans”, non deixes pasar esta ocasión de vir con nós.
A proxección vaise realizar a través da plataforma Screenly. Para poder realizar o evento temos que conseguir o número minímo de reservas que nos asegure a proxección. En Vigo necesítanse 56 persoas.
Ademais da proxección haberá un debate posterior con algunha das persoas que aparecen no documental.
Plataforma Screenly: https://screen.ly/evento/ 228/ en-todas-as-mans-multicines -norte/
Campaña de apoio ao documental “En todas as mans”
Máis información:
Data e hora proxección e debate: este xoves día 6 dende as 20:10 até as 22:30
Multicines Norte, rúa Vía Norte 22, 36201, Vigo
“En todas as mans”. Un documentario dirixido por Diana Toucedo.
Trespés. Sociedade Cooperativa Galega
Podes facer clic sobre a imaxes para amplialas e mirar a fotogalería: