Festival Arvi do peixe: Vigo SeaFest 2017

Portada » O Parque Nacional » Festival Arvi do peixe: Vigo SeaFest 2017

Xul 6, 2017 | ACTUALIDADE

Festival Arvi do peixe: Vigo SeaFest 2017

Con este Festival, Vigo reafírmase como a capital europea da pesca

A cociña con produtos do mar, a cultura gastronómica, a industria pesqueira, a música, os deportes náuticos e de praia, os obradoiros e experiencias como os bautizos de mar protagonizan Vigo SeaFest, o Festival ARVI do Peixe, que os días 7, 8 e 9 de xullo ocupará máis de 23.000 metros cadrados na zona dos Xardíns de Elduayen e do Náutico de Vigo (rúa Montero Ríos). Vigo SeaFest é unha iniciativa da Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo, a principal e máis representativa organización pesqueira de Europa. Con este Festival, Vigo reafírmase como a capital europea da pesca.

Vigo SeaFest aspira ademais a converterse na cita de referencia en España para a gastronomía do mar e nun acontecemento central no calendario festivo de verán en Vigo.

Datas: días 7, 8 e 9 de xullo

Lugar: Xardíns de Elduayen e do Náutico na rúa Montero Ríos en Vigo.

Máis información, contacto e programa, na páxina web: Vigo SeaFest, ou descargando de balde a app en Google play ou App Store

Páxina web: Vigo SeaFest

Facebook

Organiza: Cooperativa de Armadores de Pesca do porto de VigoARVI


Vigo sea fest 2

 

 

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos