Fonte da praia de Curro. Os seus lugares. “Ons: unha illa habitada”. Capítulo 4 (XXXIII)

Portada » O Parque Nacional » Fonte da praia de Curro. Os seus lugares. “Ons: unha illa habitada”. Capítulo 4 (XXXIII)

Out 20, 2017 | BIBLIOGRAFÍA, HISTORIA

Ons: unha illa habitada · Paula Ballesteros-Arias e Cristina Sánchez-Carretero

CAPÍTULO 4 (XXXIII)

Os seus lugares

Fonte da praia de Curro

Fonte de construción contemporánea situada na praia de Curro, tamén chamada das Dornas xa que aquí era onde varaban as antigas embarcacións pesqueiras e na que hoxe en día seguen varando unicamente de forma testemuñal. Esta fonte está situada entre a praia e a subida ás parcelas denominadas a Charrúa de Curro. Está feita contra o noiro.

fonte barrio de curro

Situación da fonte con respecto ao areal  © CSIC

Consta dun saínte en forma de media pía feita con pequenas pezas de pedra de granito encintadas con cemento de onde sae un cano cunha billa. Debaixo ten unha pía rectangular, case ao ras do chan, feita en pedra.

Neste lugar había unha antiga fonte da que xa daba conta A. das Casas, dándolle o nome de fonte de Area do Curro (Das Casas 1934, 168).

Imaxe destacada © CSIC

Se dispón de conexión a internet, recomendámoslle que consulte o vídeo “Ons: mar, terra e identidade” a través desta ligazón

Título: Ons: unha illa habitada

Autor: Ballesteros-Arias, Paula ; Sánchez-Carretero, Cristina

Dispoñibilidade: Descarga gratuita en Apple

Ler tamén: Ons: unha illa habitada

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Excursionistas, bañistas e gamelas na praia de Nosa Señora ou do Chuco. Este areal está situado fronte ao illote dos Viños na illa do Medio ou Montefaro do arquipélago das illas Cíes. Premer sobre a imaxe para a poder ampliar: [gallery columns="1" size="full"...

O embarcadoiro de Cortegada en 1906

O embarcadoiro de Cortegada en 1906

O embarcadoiro de Cortegada en 1906 Vella tarxeta postal centenaria que nos mostra o embarcadoiro e parte da aldea da illa de Cortegada, fronte a Carril, no ano 1906, pouco antes da doazón á monarquía e abandono por parte dos seus habitantes. Ao fondo, sobre Carril, o...