Fonte de Caniveliñas. Os seus lugares. “Ons: unha illa habitada”. Capítulo 4 (XXXV)

Portada » O Parque Nacional » Fonte de Caniveliñas. Os seus lugares. “Ons: unha illa habitada”. Capítulo 4 (XXXV)

Out 30, 2017 | BIBLIOGRAFÍA, HISTORIA

Ons: unha illa habitada · Paula Ballesteros-Arias e Cristina Sánchez-Carretero

CAPÍTULO 4 (XXXV)

Os seus lugares

Fonte de Caniveliñas

Fonte situada no lugar coñecido como Caniveliñas, nun entrante do mar, nun cantil moi acentuado situado na costa oeste da Illa. Accédese por medio dun camiño de terra que baixa en forte pendente ata esta fonte situada a media ladeira. A fonte está situada nun espazo de planta poligonal irregular realizado a base de cemento e ladrillo con varias saídas de auga por medio de tubos de plástico. Ademais das escaleiras de cemento, polas que se accede a este recinto, ten diversas plataformas de cemento, e un caseto onde debe ir o motor que sorte de auga a outras zonas da illa. Esta fonte é moi utilizada polos campistas da Chan da Pólvora e polo resto dos visitantes da illa.
Esta fonte, na súa orixe, era unha saída de auga sinxela, procedente dunha mina de auga das moitas que hai na illa.

fonte de caniveliñas

Detalle da fonte e demais estruturas asociadas.

Imaxe destacada © CSIC

Se dispón de conexión a internet, recomendámoslle que consulte o vídeo “Ons: mar, terra e identidade” a través desta ligazón

Título: Ons: unha illa habitada

Autor: Ballesteros-Arias, Paula ; Sánchez-Carretero, Cristina

Dispoñibilidade: Descarga gratuita en Apple

Ler tamén: Ons: unha illa habitada

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Excursionistas, bañistas e gamelas na praia de Nosa Señora ou do Chuco. Este areal está situado fronte ao illote dos Viños na illa do Medio ou Montefaro do arquipélago das illas Cíes. Premer sobre a imaxe para a poder ampliar: [gallery columns="1" size="full"...

O embarcadoiro de Cortegada en 1906

O embarcadoiro de Cortegada en 1906

O embarcadoiro de Cortegada en 1906 Vella tarxeta postal centenaria que nos mostra o embarcadoiro e parte da aldea da illa de Cortegada, fronte a Carril, no ano 1906, pouco antes da doazón á monarquía e abandono por parte dos seus habitantes. Ao fondo, sobre Carril, o...