Gozando da liberdade en Sálvora
Con esta imaxe de Fernando Rey Daluz queremos render unha homenaxe aos cabalos en réxime de liberdade de Sálvora. Xa dende a Idade Media esta clase de gando equino estivo presente na illa. Os da imaxe proceden seguramente dos que foron introducidos pola familia Goyanes aínda que hoxe xa non ocupan Sálvora. Debido ao seu deficiente estado sanitario, foron substituídos por cabalos autóctonos de pura raza galega, e os que se atopaban en Sálvora, hoxe habitan as praderías da serra da Groba, nos concellos de Baiona e Oia.
Pódeche interesar tamén:
Premer sobre a imaxe para a poder ampliar:
Imaxe:
© Rey DaLuz