Gozando da liberdade en Sálvora

  /  FOTOBLOG   /  Gozando da liberdade en Sálvora

Gozando da liberdade en Sálvora

Gozando da liberdade en Sálvora

Con esta imaxe de Fernando Rey Daluz queremos render unha homenaxe aos cabalos en réxime de liberdade de Sálvora. Xa dende a Idade Media esta clase de gando equino estivo presente na illa. Os da imaxe proceden seguramente dos que foron introducidos pola familia Goyanes aínda que hoxe xa non ocupan Sálvora. Debido ao seu deficiente estado sanitario, foron substituídos por cabalos autóctonos de pura raza galega, e os que se atopaban en Sálvora, hoxe habitan as praderías da serra da Groba, nos concellos de Baiona e Oia.

Pódeche interesar tamén:

Os últimos de Sálvora

Premer sobre a imaxe para a poder ampliar:

Imaxe: 

© Rey DaLuz

LuzLux

Author: Santiago Boado Aguinaga

Santi Boado é licenciado en Historia pola Universidade de Santiago. Investigador, divulgador e redactor. Naturalista vocacional, ten formación en comercialización e información turística, interpretación do patrimonio e educación ambiental. Exerce de guía-intérprete en espazos con valor patrimonial. Tamén é guía acreditado do Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e membro da Asociación de Guías Acreditados das Illas Atlánticas de Galicia-Agaia, do clube de montaña Pena Trevinca-Montañeiros de Galicia e da Seo-Birdlife.

Share This