II Xornada Ambiental da Comunidade de Montes de Coruxo (Vigo)
O Colectivo Matogueira ven de presentar o seu cartaz da segunda xornada ambiental que se fai da man da Comunidade de montes de Coruxo os días 4 e 5 de setembro.
Co-organiza Colectivo Matogueira
Progama Xornada:
Mañá:
Coa intención de atraer aos cativos a deixar os pokemons e virar cara á natureza, pecharáse a mañá coas letras e música de Anxo Moure e Servando Barreiro ( “O bardo Abelardo” ). Eles aportarán a música das árbores, músicas e letras de Paz, solidariedade e respeito ao ambiente. Grandes e pequenos poderán desfutar de seguro coa súa actuación.
Logo de comer e ben preto do local da comunidade de montes, chega a quenda da tarde:
Comezará Salva Pardo presentándonos o proxecto de colmear urbano, e comunal, que está tecendo. A iniciativa recolle todos os aspectos relacionados co medio ambiente nunha mestura máis ca interesante, na que poderédes participar.
Na segunda quenda da tarde chega un vento de enerxía da man de Manu Sobrino, que nós presentará o seu blog : “O naturalista coxo“, e o seu enfoque vital : A natureza ponche obstáculos, os límites polos ti. Un enfoque particular sobre a vida en xeral e a natureza en particular.
Pechará a xornada do domingo Alberto Rivero cunha palestra moi desexada polo Colectivo Matogueira, onde percorrerá un estudo moi particular arredor da fauna extinta de Galiza.
E o luns pechará esta segunda xornada ambiental Carlos Taibo, un referente en comunicación que tratará sobre dous temas que se antoxan claves no futuro inmediato do planeta, o decrecemento e o colapso económico.
As prazas son limitadas e para as inscricións o correo electrónico: colectivomatogueira@hotmail.com.
Programa completo e información II Xornada Ambiental: