III Xornadas Froitos do noso monte de Montes de Vigo
Abertas as inscricións para coñecer os segredos de olivas e cogomelos en Galicia e desgustar cogomelos e castañas asadas. Será a III Xornada Froitos do Noso Monte de Montes de Vigo.
Cando chega o outono, chegan con forza os froitos do bosque. Entre eles están os cogomelos que teñen os seus misterios e necesitan ser descubertos e coñecidos en profundidade antes de acercarse a eles: os hai que se comen e outros non. Por eso desde Montes de Vigo invitamos a coñecelos e a descubrir tamén o mundo da oliva que se expande en Galicia e tamén na Comunidade de Montes de Candeán.
Montes de Vigo invita o próximo venres, 18 de novembro entre as 19.00 e 21.00h no Edificio da Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva Nautilus, en Comesaña a aprender sobre estes froitos. Os que se achequen teñen premio ao final da xornada: Degustación de cogomelos e castañas asadas!
Programa do evento:
19.00h Apertura e presentación
19.10h As plantacións de oliveira en Galicia- José Galán
A historia da olivera en Galicia
A olivicultura moderna na nosa comunidade
Realizacións de plantacións de oliveira en Galicia
Coidados básicos e rendibilidade da oliveira
19.50h O Mundo dos cogomelos–Manuel Domínguez Rey
Nutrición, crecemento e reprodución
Partes e crecemento dun cogomelo
Consellos de recolección e comportamento
Lexislación
Clasificación
20.30h Degustación de cogomelos e de castañas asadas-Agrupación Micolóxica a Zarrota
Máis información, contacto e inscricións:
Inscricións no enderezo: Área Social do Monte ou clicando aquí.