Illote do con de Noro en Sálvora
Vista da enorme masa granítica que forma o illote do con de Noro no arquipélago da illa de Sálvora (Riveira) no Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Unha imaxe de Pedro Figueras para o Arquivo da Luz Atlántica.
O arquipélago de Sálvora, ademais de dita illa, está conformado por numerosos illotes de menor entidade coma Noro, Vionta, Herbosa ou Sagres. Tamén conta cunha multitude de rochas e baixíos tan numerosos coma perigosos que denotan o irregular do relevo dos seus fondos. Así podemos mencionar A de Pegar, A Gaivoteira, Os Asadoiros, As Forcadiñas ou A Pedra Vella entre outras moitas.
Imaxe:
© Pedro Figueras/Arquivo da Luz Atlántica