Illote do con de Noro en Sálvora

  /  FOTOBLOG   /  Illote do con de Noro en Sálvora

Illote do con de Noro en Sálvora

Illote do con de Noro en Sálvora

Vista da enorme masa granítica que forma o illote do con de Noro no arquipélago da illa de Sálvora (Riveira) no Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Unha imaxe de Pedro Figueras para o Arquivo da Luz Atlántica.

O arquipélago de Sálvora, ademais de dita illa, está conformado por numerosos illotes de menor entidade coma Noro, Vionta, Herbosa ou Sagres. Tamén conta cunha multitude de rochas e baixíos tan numerosos coma perigosos que denotan o irregular do relevo dos seus fondos. Así podemos mencionar A de Pegar, A Gaivoteira, Os Asadoiros, As Forcadiñas ou A Pedra Vella entre outras moitas.

 

Imaxe:

© Pedro Figueras/Arquivo da Luz Atlántica

Share This