Inauguración Exposición “Pel de Mar” de Xulio Villarino. Fotogalería

Portada » O Parque Nacional » Inauguración Exposición “Pel de Mar” de Xulio Villarino. Fotogalería

Set 20, 2016 | ACTUALIDADE, FOTOBLOG

Inauguración Exposición “Pel de Mar” de Xulio Villarino. Fotogalería

 

Poucos fotógrafos galegos teñen unha relación tan intensa co mar coma Xulio Villarino. Naceu na costa lucense e, despois de percorrer unha boa parte do mundo coa súa cámara, decidiu volver vivir a tan só uns metros da auga, alí onde se unen o Cantábrico e o Atlántico. É por iso que se converteu nun gran coñecedor dos segredos máis profundos que esconde a costa e das xentes que a habitan. Na súa fotografía encérrase a verdade do mar; desde a épica dos percebeiros ao esforzo impagable das mariscadoras, a mística dos faros e a dolorosa vocación dos pescadores atrapados nunha vida entre ondas. O mar como forma de vida, observado e retratado desde todos os puntos de vista e coa mirada atenta de quen sabe que non hai mellor lugar para vivir que xunto ao océano.

Xulio Villarino

Naceu en 1969 en Fazouro, Foz (Lugo) e desde 1998 reside en Porto de Bares. De formación fotográfica autodidacta, iníciase como fotoperiodista en 1993 en La Voz de Galicia, ata que no ano 2001 decide dedicarse ao fotoperiodismo de forma independente. Foi colaborador habitual de revistas como El País Semanal, Geo, XL Semanal ou Jot Down. Na actualidade, o seu traballo está centrado en proxectos persoais aplicados ao campo editorial, como son Finisterraes (Proxectos Singulares, 2013), A Mariña 43º Norte (Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo, 2014), As Pontes Ceo Aberto (Ed. propia 2015) e Mañón Dos Mares (Concello de Mañón, 2016). A súa obra atópase en distintas coleccións públicas e privadas, como na do Concello de Vigo-Centro de Estudos Fotográficos, no Instituto da Mocidade, na Xunta de Galicia-Xacobeo, na Deputación da Coruña ou en Fujifilm.

A exposición Pel de mar compleméntase cun espazo de concienciación ambiental e cun programa de visitas escolares.

Do 21 de setembro ao 27 de novembro de 2016

De luns a domingo de 12 a 14 h e de 18 a 21 h

Kiosco Alfonso

Entrada de balde

+ info: www.xuliovillarino.com

festivalmardemares.org

Fotogalería: fai clic sobre as imaxes para amplialas

Imaxes:

© Xulio Vilariño

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos