A través dunha imaxe do ano 1968 observamos as autoridades retratadas diante da ponte do flamante “Illas Ficas”, da compañía Vapores de Pasaje, que operaría ata o ano 2008, xa con outra naviera.. O principal cometido deste buque foi transportar excursionistas ás illas Cíes dende o porto de Vigo. As súa capacidade para 500 prazas supuxo un fito na época, un salto tanto cualitativo como cuantitativo. Comezaba unha nova era para o transporte de pasaxe na ría de Vigo.
Unha das moitas curiosidades do “Illas Ficas” é o seu propio nome, que non é máis que produto dunha confusión. A denominación orixinal do barco era “Illas Sicas”, como se aprecia aínda na imaxe. Con todo, o encargado de anotalo no rexistro confundiu a letra “s” co “f”, co resultado dunha sorte de híbrido sen sentido e mais unha anécdota que se mantivo durante máis de 30 anos.
Continuará…
Imaxe: © Arquivo Autoridade Portuaria de Vigo
Poder ver tamén: Novo logo Vapores de Pasaje e buque “Islas Ficas”