Islas Ficas ou Sicas? (I)

  /  HISTORIA   /  Islas Ficas ou Sicas? (I)

Islas Ficas ou Sicas? (I)

A través dunha imaxe do ano 1968 observamos as autoridades retratadas diante da ponte do flamante “Illas Ficas”, da compañía Vapores de Pasaje, que operaría ata o ano 2008, xa con outra naviera.. O principal cometido deste buque foi transportar excursionistas ás illas Cíes dende o porto de Vigo. As súa capacidade para 500 prazas supuxo un fito na época, un salto tanto cualitativo como cuantitativo. Comezaba unha nova era para o transporte de pasaxe na ría de Vigo.

Unha das moitas curiosidades do “Illas Ficas” é o seu propio nome, que non é máis que produto dunha confusión. A denominación orixinal do barco era “Illas Sicas”, como se aprecia aínda na imaxe. Con todo, o encargado de anotalo no rexistro confundiu a letra “s” co “f”, co resultado dunha sorte de híbrido sen sentido e mais unha anécdota que se mantivo durante máis de 30 anos.

Continuará…

Imaxe: © Arquivo Autoridade Portuaria de Vigo

Poder ver tamén: Novo logo Vapores de Pasaje e buque “Islas Ficas”

Author: Santiago Boado Aguinaga

Santi Boado é licenciado en Historia pola Universidade de Santiago. Investigador, divulgador e redactor. Naturalista vocacional, ten formación en comercialización e información turística, interpretación do patrimonio e educación ambiental. Exerce de guía-intérprete en espazos con valor patrimonial. Tamén é guía acreditado do Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e membro da Asociación de Guías Acreditados das Illas Atlánticas de Galicia-Agaia, do clube de montaña Pena Trevinca-Montañeiros de Galicia e da Seo-Birdlife.

Share This