IV Concurso de fotografía do Parque Nacional “Unha mirada as túas illas”

Portada » O Parque Nacional » IV Concurso de fotografía do Parque Nacional “Unha mirada as túas illas”

Nov 28, 2017 | ACTUALIDADE

IV Concurso de fotografía do Parque Nacional “Unha mirada as túas illas”

O Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, Dirección Xeral de Patrimonio Natural, organiza o IV Concurso de FotografíaUnha mirada as túas Illas” baixo o lema: “AS CORES DAS ILLAS

Prazo: 21 de decembro 2017.

Premio: viaxe ás illas en embarcación tradicional.

BASES DO CONCURSO:

1. PARTICIPANTES
Poderán participar no concurso todos aqueles fotógrafos profesionais ou afeccionados, en dúas modalidades: adultos maiores de 18 anos e mozos de 10 a 17 anos ( idade no momento de publicarse as bases do concurso).
Non poderá participar no concurso o persoal do Parque Nacional das Illas Atlánticas nin familiares directos en primeiro grao.

2. MODALIDADES E CATEGORÍAS
As cores que mostran as nosas illas reflicten a rica diversidade da vida, cultura e paisaxes dos distintos arquipélagos do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.
Para a modalidade de adultos establécense dúas categorías de participación:

Flora e fauna: dentro desta categoría achegaranse fotografías cuxo tema principal sexan especies autóctonas de animais e/ou plantas.
Paisaxe e tradición: dentro desta categoría achegaranse fotografías cuxo elemento predominante sexa a paisaxe e/ou as actividades humanas tradicionais que se dan dentro do Parque Nacional.

Consulta as bases do concurso AQUÍ

Imaxe destacada: © Gainzafer

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos