Xul 30, 2018 | ACTUALIDADE, Destacados, TURISMO

Kayak de Mar na illa de Ons co Club Kayak de Mar Bueu

Entre a oferta de actividades educativas e recreativas na illa de Ons, xurde “Kayak de Mar na illa de Ons” co Club Kayak de Mar Bueu e Spain Kayak, desenvolvendo cursos e rutas guiadas en Kayak de Mar, para principiantes e avanzados, onde se mostrarán marabillosas paisaxes e fantásticos fondos mariños, os grandes descoñecidos do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia onde os maiores valores alberga este Parque.

Durante as rutas guiadas en kayak de mar os participantes nesta actividade van acompañados dun monitor, coa fin de garantir unha visita de calidade onde o participante poderá apreciar o medio mariño do Parque, aprender a realizar unha actividade deportiva respectuosa co medio ou mesmo formarse na  práctica desta actividade de maneira sustentable noutros lugares da nosa costa.

 

Os visitantes deberán cumprir con todas as indicacións que lles sinalen os monitores, que nos indican a normativa e os valores do Parque Nacional.

No Club Kayak de Mar Bueu e Spain Kayak dispoñen de todo o equipamento necesario que inclúe mirafondos para usar dende o kayak e material didáctico para enriquecer a experiencia.

Estas visitas polo mar dan a coñecer ao visitante outra impresión moi diferente da illa de Ons, a do litoral da cara leste, onde están situads algunhas das paisaxes máis impresionantes e descoñecidas de Ons.

Máis información e contacto en clubkayakdemarbueu@gmail.com

 

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos