Lavadoiros de Canexol. Os seus lugares. “Ons: unha illa habitada”. Capítulo 4 (XXVI)

Portada » O Parque Nacional » Lavadoiros de Canexol. Os seus lugares. “Ons: unha illa habitada”. Capítulo 4 (XXVI)

Ago 14, 2017 | BIBLIOGRAFÍA, HISTORIA

Ons: unha illa habitada · Paula Ballesteros-Arias e Cristina Sánchez-Carretero

CAPÍTULO 4 (XXVI)

Os seus lugares

Lavadoiros de Canexol

Lavadoiro novo de Canexol

Lavadoiro situado no barrio de Canexol que aproveita as augas do rego do mesmo nome. Sitúase na marxe esquerda do antigo camiño que ía aos campos de labor en torno ao castro.

Segundo os datos tomados no traballo de campo etnográfico, este lavadoiro construíuse nos anos 70 onde antigamente había un hórreo.

O lavadoiro é de planta rectangular e está construído en ladrillo, cemento e formigón. A cuberta de placa é a dúas augas con tella do país e está sostido por tres columnas e unha parede en ángulo. Está parcialmente escavado na terra, e a auga entra pola parede oeste e a sobrante sae pola leste, a unha pía feita en cemento. Na parede exterior orientada ao sur hai un mural do fondo do mar que foi pintado en 1997 polos rapaces e rapazas do campo de traballo que había na illa. Hoxe é un  campamento xuvenil.
A pedra de lavar ten forma de “L” e está feita en cemento. Destaca o raiado en sentido horizontal para facilitar o lavado da roupa así como os ocos para deixar o xabrón das lavandeiras.

 

lavadoiro Canexol I

lavadoiro Canexol I

Lavadoiro novo do barrio de Canexol en Ons © CSIC

Lavadoiro vello de Canexol

Lavadoiro feito na década dos 50, que aproveita as augas do rego de Canexol. Sitúase ao marxe dereito do antigo camiño que ía aos campos de labor da contorna do castro.

Este lavadoiro de orientación norte – sur está escavado na terra, é de planta rectangular e está construído en ladrillo, cemento e formigón.

A cuberta de placa e a dúas augas sen recubrimento de tella. Está pechado por tres paredes, quedando o acceso libre pola parede leste. No interior deste recinto está o lavadoiro propiamente dito e a pedra de lavar de planta rectangular e en forma de “U” de base plana.

Destaca no exterior, no frontón do teito, feito en cemento, o relevo do xugo e das frechas, símbolo da ditadura franquista.

Por unha serie de razóns este lavadoiro deixou de usarse construíndose un novo nos anos 70, a escasa distancia deste.

 

© Gustavo Cochón

Lavadoiro vello barrio de Canexol en Ons © Gustavo Cochón

 

Se dispón de conexión a internet, recomendámoslle que consulte o vídeo “Ons: mar, terra e identidade” a través desta ligazón

Título: Ons: unha illa habitada

Autor: Ballesteros-Arias, Paula ; Sánchez-Carretero, Cristina

Dispoñibilidade: Descarga gratuita en Apple

Ler tamén: Ons: unha illa habitada

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Excursionistas, bañistas e gamelas na praia de Nosa Señora ou do Chuco. Este areal está situado fronte ao illote dos Viños na illa do Medio ou Montefaro do arquipélago das illas Cíes. Premer sobre a imaxe para a poder ampliar: [gallery columns="1" size="full"...