O Camiño portugués pola costa
Vídeo promocional presentado en FITUR
Aquí empeza a túa viaxe. Ao longo do Camiño Portugués pola Costa atravesarás 15 concellos da provincia de Pontevedra nun percorrido de 140 quilómetros desde A Guarda ata Pontecesures. Gozarás de espectaculares paisaxes no litoral e no interior, con praias, cantís, marismas, bosques e sendas fluviais. Descubrirás un rico patrimonio arqueolóxico, igrexas e pazos. Percorrerás fermosos conxuntos históricos. E mergullaráste na gastronomía, na cultura e nas festas deste territorio.
Ti elixes como planificar o teu periplo. Propoñémosche realizalo en sete xornadas desde o esteiro do río Miño ata o límite da provincia, que marca o río Ulla, guiándote para que non perdas detalle e vivas unha experiencia única. Aquí atoparás toda a información que necesitas: os principais elementos de interese paso a paso, galerías fotográficas e entrevistas a persoas expertas ou que traballan en sectores vinculados á ruta.
O Camiño Portugués pola Costa espérate. Desexámosche que goces da ruta. Bo camiño!