Visitas guiadas a Cortegada co Parque Nacional. “O segredo dun bosque no mar”
O Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas está a organizar periodicamente visitas á illa de Cortegada tanto durante o inverno como no verán dentro do programa “Descubrindo o Parque Nacional”
Na presente tempada estival estanse a ofertar rutas guiadas cos guías propios do Parque á illa de Cortegada.
Estas visitas con grupos de reducido tamaño, teñen como obxectivo dar a coñecer os valores naturais e históricos de Cortegada, respectando a importancia ambiental de ditas illas e coidando a calidade da visita.
Para participar é imprescindible anotarse previamente na Central de Reservas de Parques Nacionais (www.reservasparquesnacionales.es) .
Nesa mesma central de reservas pódese ampliar información sobre outras rutas guiadas a outras illas do Parque.
*Salvo anulacións por cuestións meteorolóxicas ou imprevistos organizativos.
Achegamos un calendario coas rutas previstas a Cortegada dende o porto de Carril en Vilagarcía de Arousa (*):
*Detállase a data, o porto de saída, horario de ida e volta e o importe do transporte. As visitas guiadas son de balde.
Calendario:
Venres 21 xullo | Carril | 12: 00 h | 12:15 | 10€ |
Martes 25 xullo | Carril | 16:00 h | 19:15 | 10€ |
Martes 1 agosto | Carril | 11:00 h | 14:15 | 10€ |
Martes 8 agosto | Carril | 16:30h | 19:45 | 10€ |
martes 15 agosto | Carril | 11:00 h | 14:15 | 10€ |
Martes 22 agosto | Carril | 16: 00 h | 19:15 | 10€ |
Martes 29 agosto | Carril | 10:30h | 13:45 | 10€ |
Martes 12 setembro | Carril | 10h | 13:15 | 10€ |
Imaxe: © Cíes.gal