O último voo
Na poboación de gaivota patiamarilla do Parque Nacional das Illas Atlánticas teño detectado unha actividade que me chamou curiosamente a atención.
Á hora do solpor, a colonia excítase levantando o voo coma despedíndose do gran astro, nunha actitude como de querer manter ese momento durante máis tempo. Non existe unha explicación científica para iso, ou polo menos eu non a atopei.
O único que tranquiliza a miña mente é o pensar que soamente eleven o seu voo para continuar gozando da máxica luz da escena e de paso conservar os últimos graos de temperatura que desprende antes da fría noite.
Artigo orixinal: ReyDaluz, La Web de experiencias de LuzLux (18/06/2013).
Imaxe: © ReyDaluz