O último voo

  /  FOTOBLOG   /  O último voo

O último voo

O último voo

Na poboación de gaivota patiamarilla do Parque Nacional das Illas Atlánticas teño detectado unha actividade que me chamou curiosamente a atención.
Á hora do solpor, a colonia excítase levantando o voo coma despedíndose do gran astro, nunha actitude como de querer manter ese momento durante máis tempo. Non existe unha explicación científica para iso, ou polo menos eu non a atopei.

O único que tranquiliza a miña mente é o pensar que soamente eleven o seu voo para continuar gozando da máxica luz da escena e de paso conservar os últimos graos de temperatura que desprende antes da fría noite.

Artigo orixinal: ReyDaluz, La Web de experiencias de LuzLux (18/06/2013).

Imaxe: © ReyDaluz

LuzLux

Author: Fernando Rey Daluz

Fernando Rey Daluz é Biólogo especializado en Conservación de espazos Naturais e Medio Ambiente. O seu interese pola divulgación lévao a compartir os seus estudos de Bioloxía coa fotografía e a Ilustración científica, chegando a participar en numerosas publicacións do Museo de Ciencias Naturais de Madrid, Xardín Botánico de Barcelona, así como doutros Museos, Institucións, Editoriais e revistas especializadas. Continuará a súa formación no campo da imaxe científica, a fotografía e a produción audiovisual, chegando a ser Experto Internacional en Imaxe Científica, colaborando con diversas axencias, institucións e empresas privadas, facendo ademais carreira paralela no mundo comercial, de mercadotecnia e a publicidade. Comparte os seus coñecementos a través dos cursos que imparte desde o ano 2000 en Imaxe: Ilustración científica, Fotografía Dixital, Postproducción e Audiovisual. Na actualidade dirixe Luzlux S.L na creación e produción de contidos gráficos e audiovisuais en diversos ámbitos científicos, turísticos e publicitarios.

Share This