Obradoiro de cogomelos na Uvigo: identificación, recoñecemento, uso e manexo

Portada » O Parque Nacional » Obradoiro de cogomelos na Uvigo: identificación, recoñecemento, uso e manexo

Set 29, 2016 | ACTUALIDADE

Obradoiro de cogomelos na Universidade de Vigo: identificación, recoñecemento e uso

Dentro da programación de obradoiros da Universidade de Vigo destacamos desta vez un na contorna natural.

Dirixido pola profesora Marisa Castro, regresa de novo á programación.

Despois do éxito obtido noutras ocasións tamén terá uns contidos eminentemente prácticos, con saídas por diferentes ecosistemas do campus co fin de identificar os diferentes tipos de cogomelosos que se dan en segundo que lugares. O participantes tamén aprenderán a identificar, recoñecer, determinar as particularidades e, por suposto, a cociñalos.

 

* O vindeiro venres 30 remata o prazo para matricularse nos cursos de extensión universitaria. Este é de especial temática biolóxica, un curso de manexo, recolección e identificación de cogomelos impartido por docentes da facultade e expertos neste campo.

* Lembrarvos que para matricularse é necesario presentar o formulario na sección de extensión universitaria (edificio Miralles).

Dirixe:

María Luísa Castro

Imparten:

María Luísa Castro , Hugo Fernández, Gabriel Pérez, Sergio, Rojo, María Alfaya, Andres Cordeiro e Paula Estévez.

Aprenderás:

Neste obradoiro aprenderás a identificar e recoñecer as diferentes especies de cogomelos comestibles e tóxicas. Tamén cómo saber tratar os cogomelos na cociña e as posibles aplicacións antrópicas derivadas do seu uso. Haberá saídas guiadas polo campus para apañar as distintas variedades de cogomelos para a súa posterior revisión.

Lugar: Facultade de Bioloxía. Aula 4.

Límite de prazas: 35
Duración: 30 horas
Data de inicio: 3 de outubro

Horario: luns e martes
3/X e 22/XI de 15.30 a 18.00 h.
4/X, 17/X, 18/X, 24/X, 25/X e 15/XI
de 15.30 a 20.00 h.

Máis información sobre obradoiro de cogomelos pinchando aquí

Listaxe de obradoiros Uvigo primeiro cuadrimestre 2016/2017

 

Podes facer clic sobre as imaxes para amplialas

Imaxe destacada:

De User:Strobilomyces – Fotografía propia, CC BY-SA 3.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=1084159

 

 

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos