Set 6, 2018 | FOTOBLOG, NATUREZA

Percebes da illa de Ons

O percebe (Pollicipes pollicipes) é un crustáceo do grupo dos artrópodos cirrípedos, un invertebrado que se localiza nas zonas máis batidas do litoral rochoso con máis inclinación, xa que require de augas ricas en osíxeno para desenvolverse de maneira óptima. Atópase así nas zonas máis turbulentas da rexión intermareal onde o rachar das ondas é moi violento.

Para sobrevivir aquí estes organismos adoptan estratexias para poderse manter fixos ao subtrato e evitar ser destruídos por cada golpe de mar, polo que viven apegados ás rochas onde están perfectamente adaptados e ben protexidos, contando con elementos de protección como unha blindaxe en forma de cota de malla e fortes órganos de suxeición. O seu corpo está dividido en cabeza, tórax e abdome.

Todos os crustáceos presentan unha parede externa quitinosa reforzada por unha grosa calcificación para formar un duro exoesqueleto.

O percebe (Pollicipes pollicipes) é moi apreciado pola industria pesqueira e a súa extracción dentro do Parque Nacional está regulada para garantir unha explotación sotible deste recurso. Unha imaxe de Suso Framil.

Fai clic sobre a imaxe para a poder ampliar:

Tamén che poden interesar as seguintes entradas:

Percebes das Illas Atlánticas de Galicia

Silo recollendo o percebe nun día tranquilo. O son do mar e das gaivotas/“Ons: unha illa habitada”. O Mar. As súas xentes. Vida cotiá 

Ana selecciona e limpa os percebes que os compañeiros van recollendo/“Ons: unha illa habitada”. O Mar. As súas xentes. Vida cotiá 

A Universidade participa no primeiro proxecto europeo que estuda o percebe

Imaxe: © Suso Framil

Santiago Boado Aguinaga
Author: Santiago Boado Aguinaga

Santi Boado é licenciado en Historia pola Universidade de Santiago. Investigador, divulgador e redactor. Naturalista vocacional, ten formación en comercialización e información turística, interpretación do patrimonio e educación ambiental. Exerce de guía-intérprete en espazos con valor patrimonial. Tamén é guía acreditado do Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e membro da Asociación de Guías Acreditados das Illas Atlánticas de Galicia-Agaia, do clube de montaña Pena Trevinca-Montañeiros de Galicia e da Seo-Birdlife.

Otros artículos

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Excursionistas, bañistas e gamelas na praia de Nosa Señora ou do Chuco. Este areal está situado fronte ao illote dos Viños na illa do Medio ou Montefaro do arquipélago das illas Cíes. Premer sobre a imaxe para a poder ampliar: [gallery columns="1" size="full"...

O embarcadoiro de Cortegada en 1906

O embarcadoiro de Cortegada en 1906

O embarcadoiro de Cortegada en 1906 Vella tarxeta postal centenaria que nos mostra o embarcadoiro e parte da aldea da illa de Cortegada, fronte a Carril, no ano 1906, pouco antes da doazón á monarquía e abandono por parte dos seus habitantes. Ao fondo, sobre Carril, o...