Con gallo do lanzamento do “Caderno de campo das illas Cíes“, o sábado 25 de agosto ás 12:00 horas terá lugar un encontro co autor. Será no auditorio do edificio Cambón, sede do Parque Nacional das Illas Atlánticas, e contará coa presenza do autor para explicar os pormenores da obra.
O “Caderno de campo das illas Cíes” é unha compilación de ilustracións da natureza feitas en lapis e acuarela por José Arcas (biólogo e artista) para pór en valor o patrimonio natural das illas Cíes. A obra lévanos en catro rutas polas illas Cíes, guiadas polas acuarelas dun lagarto arnal, do corvo mariño cristado, de varias gaivotas patiamarelas…
A fermosa experiencia visual enriquécese ademais coas paisaxes sonoras do arquivo de Carlos Suárez, as cales permiten ao lector mergullarse na escoita do ambiente das illas. Estes arquivos sonoros están accesibles mediante códigos QR, que se poden ler co móbil.
O caderno está elaborado nunha edición especial trilingüe (galego, castelán e inglés) en tapa dura co lomo á vista, grazas ao apoio dos mecenas que o fixeron posible a través dunha campaña de crowdfunding levada a cabo na plataforma Verkami.
Sábado 25 de agosto ás 12:00 horas no auditorio do Centro de Vistantes do Parque Nacional en Vigo.