Mapa Isla de Ons

Este produto non está dispoñible porque non quedan existencias.

SKU: N/D Categoría: Etiqueta:

Descripción

Este mapa inspirado nas cartas náuticas pertence a colección de Mar Illado:

“Mapas cartográficos con deseños orixinais feitos a man en Galicia. Nesta colección atoparás as catro illas das Rías Baixas que forman o Parque das Illas Atlánticas: a Illa de Ons, as Illas Cíes, a Illa de Sálvora e a Illa de Cortegada.”

Detrás de Desniveis estamos tres amigas das Rías Baixas, arquitectas de profesión e unidas por un obxectivo común, coa ilusión de colaborar xuntas nun proceso creativo que, tras 6 anos de carreira, materializámolo neste proxecto.

Fascinadas por Galicia e as súas paisaxes, decidimos expresalo con estas coleccións que representan de diferentes maneiras encontros do mar coa terra.

Mapa das Illa de Ons en tamaño A2 (420 x 594 mm) en vertical.

Dispoñible en catro cores diferentes e en dous formatos:

• LÁMINA: Material tipo cartulina Epson Enhaced Matte 200 g. Este tipo de mapa non inclúe o marco.

• LENZO: Material tipo tela Creative Canvas 350 g. Este tipo de mapa inclúe o marco náutico feito á man, formado por dúas barras de madeira de pino e un cordel con nós náuticos.

Para escoller o teu mapa ilustrado, primeiro selecciona unha cor e despois escolle o formato que prefiras: lámina ou lenzo.

Os prazos de envío e producción habituais destos mapas varía entre 7 e 12 días.