O libro do clima

22.50 IVA incl.

Categorías: , , Etiquetas: , , ,

Descripción

Libro editado por la editorial Catro Ventos no que Esther Gostalla nos resume Todo o que cómpre saber sobre o cambio climático

Seca extrema e vagas de calor, mais tamén ondadas de frío, inundacións e precipitacións intensas: a crise climática converteuse nun problema global que ninguén pode ignorar xa.

Aquí entra en acción O libro do clima: co apoio de investigadoras e investigadores de todo o mundo, Esther traduciu os datos científicos sobre o quecemento do planeta e as complexas relacións que hai entre eles en 50 gráficos claros e reveladores.

Esta obra fala do clima e do CO2, do ser humano como axente climático e dos efectos a escala mundial, mais tamén presenta solucións e propostas de actuación para o día o día. Un libro para quen non só coñece e comprende os riscos do cambio climático, senón que tamén quere actuar.

Idioma: Galego

132 páginas. Encadernación tapa dura

ISBN -978-84-122499-0-3

Dimensións: 1.5 × 29.7 × 21.5 cm, 0.753 kg