O bar restaurante Playa de Rodas atópase situado na illa Norte ou Monteagudo, ao pe do peirao de acceso ás Illas Cíes. Na súa terraza poderás gozar da mellor vista da praia de Rodas, así como da illa de San Martiño ou Sur. No restaurante degústase unha cociña con mariscos e peixes da ría así como das súas exquisitas carnes.