Viaxes charter en catamarán a vela pola Ría de Vigo e a súa contorna, incluíndo o arquipélago das illas Cíes no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.
En Galicia, se hai un son que non para, é o latexo das ondas contra as rochas. O mar define unha paisaxe única ao longo dos seus 1.200 quilómetros de costa. Tanto se coñeces a beleza das suas rías, a súa rica gastronomía e o seu singular patrimonio cultural, como se é a primeira vez que nos visitas, en Charter Terranova ofrecemosche precorrer a nosa costa coa túa familia ou amigos nun barco privado con todas as comodidades, o que se converterá nunha experiencia irrepetible.
Os nosos catamaráns totalmente equipados, son o xeito ideal de explorar estas augas máxicas, praias salvaxes, areales infinitos, os nosos faros e as nosas illas, onde se atopan algúnas das paixases mais fermosas e únicas do mundo.
Ofrecemos un servizo exclusivo e totalmente personalizado que vai mais alá dunha simple travesía. Acompáñanos a descubrir as bateas nas que producense os mellores mexillóns, descubre as vilas mariñeiras mais singulares, pasea polas plaias case vírxes, goza do peixe e marisco nos nosos portos… Configura a túa ruta ideal e comeza a navegar.