INICIATIVAS TRADICIONAIS MARÍTIMAS S.L.

INTRAMAR é un proxecto empresarial que nace no ano 2003 co obxectivo de recuperar elementos patrimoniais marítimos, para dedicalos a actividades innovadoras relacionadas coa promoción socio cultural das actividades do mar e a pesca artesanal, baixo criterios dunha explotación sustentable.

Obxectivos de Intramar
INTRAMAR crece co espírito de preservar un patrimonio material (técnicas de navegación, pesca, construción de embarcacións, arquitectura…) e inmaterial (linguaxe, toponimia, a conservación tradicional de alimentos, folclore…) desenvolvido polo enxeño e o saber das comunidades pescadoras, transmitido de xeración en xeración e a piques de perderse pola incorporación de novas tecnoloxías.

Os valores do medio mariño: físico, flora e fauna e de medio ambiente son cuestións inherentes en todas as nosas actividades.

Iniciativas Tradicionais Marítimas S.L oferta os seus servizos tanto a particulares, centros educativos, como a empresas e entidades públicas.

Propondo ademais o Chasula como un espazo diferente e novo para a realización de anuncios publicitarios ou campañas de difusión e promoción dos seus produtos utilizando o Chasula como caseta móbil ao longo do litoral atlántico e mediterráneo

Equipo técnico: está formado por un grupo multidisciplinar de profesionais do mar formados en: etnografía, bioloxía, socorrismo acuático, construción naval, atención a colectivos con diversidade funcional, guías do P.N Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, manipulación de alimentos…

Así mesmo conta coa colaboración e asesoramento de colectivos e entidades para a recuperación e protección do patrimonio marítimo, medio ambientais, confrarías de pescadores, agrupacións de profesionais do mar e de ensino, P.N.M-T das Illas Atlánticas de Galicia, Museos…

Etiquetas: Birding, Chasula, Cies, Intramar, Ons, Pesca, Rías Baixas, Sálvora

Dirección: Porto de Tragove, 36639, Cambados, Pontevadra/Porto do Grove, 36980, O Grove, Pontevedra

Teléfono: 690843488 / 690843487 / 986742072

Email: intramar@intramar.org

Web: http://www.intramar.org/

Facebook: https://www.facebook.com/Iniciativas-Tradicionales-Maritimas-SL-Intramar-190654791084168/