O camping está situado nas illas Cíes, concretamente na illa do faro. As illas pertencen ao Parque Nacional Marítimo Terreste das Illas Atlánticas de Galicia, que dende o ano 2002 as considera coma unha das mellores mostras dos ecosistemas propios das costas e fondos mariños atlánticos españois.

Nas súas augas, poderemos atopar diversos tipos de fondos que acollen ecosistemas dun gran valor, así coma na súa flora e fauna, pero son susceptibles de ser alterados e danados se non se regulan de maneira axeitada as actividades que se levan a cabo na zoa protexida. É polo que a actividade do camping vai encamiñada a sostibilidade do ecosistema onde se atopa e agradecemos a súa colaboración para continuar protexendo esta marabillosa paisaxe…

Desexamos que desfruten desta experiencia en contacto coa natureza, nós estamos encantados de poder axudarlle a conseguilo…

Restaurante Camping Islas Cíes