Somos unha empresa familiar asentada na Ría de Arousa, desde onde se realizan viaxes ás illas do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia (Cíes, Ons e Sálvora), así como Rutas Mariñeiras, Ruta Xacobea por mar… e todo tipo de eventos (aniversarios, comidas, ceas, vodas…) para particulares e grupos. Pide información sen compromiso.

O noso principal obxectivo é potenciar as saídas ás illas do Parque Nacional (Cíes, Ons e Sálvora) desde outros portos que non son os habituais, para poder achegar estas illas a moitas máis persoas; realizando excursións diferentes e únicas, mantendo sempre a nosa esencia de empresa familiar, que ofrece un trato persoal e próximo.