Roteiro nocturno pola Serra do Suído, A Lama

Portada » O Parque Nacional » Roteiro nocturno pola Serra do Suído, A Lama

Ago 8, 2016 | ACTUALIDADE, TURISMO

 

O vindeiro sábado día 13 de agosto Alados Medioambiente proponnos un roteiro nocturno pola Serra do Suído (A Lama). A actividade dará comezo ás 19:00 coa observación de fauna ao atardecer, facendo un pequeno percorrido guiado onde aprender da fauna que vive na zona: Lobo, corzos, teixugo, etc. Despois, chegada a noite, levarán a cabo unha actividade de observación de estrelas coa presenza do astrónomo Pedro Amutio.

A actividade é apta para maiores de 10 anos.

 

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos