Secuencia fotográfica do comportamento dun corvo mariño cristado sobre unha rocha nas illas Cíes
Pensamos que era unha boa idea a de espiar, observar e seguir a través dunha cámara fotográfica o comportamento dun corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis) en solitario sobre unha rocha no Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Así que unha vez desembarcamos a primeira hora da mañá na illa Norte ou de Monteagudo do arquipélago das illas Cíes, puidemos observar rapidamente un corvo mariño cristado adulto pousado sobre unha rocha. Estaba a desfrutar dun intre de asueto que aproveitou para acicalarse, á vez que secaba a súa plumaxe ao sol e mais a brisa, movendo, axitando e aireando as ás, pousado sobre unha rocha nas illas Cíes.
Deste xeito poderá seguir co seu traballo, a súa xornada laboral, xa ben mergullando, pescando, voando…e descansando. Máis tarde que cedo deberá centrarse doutra vez cara á tempada de reprodución e cría, co necesario aporte de enerxía suplementario que iso conleva. Por tanto, traballo extra a maiores. Continuando o ciclo. Desexamos así sexa por moito tempo.
Se queres saber máis sobre o corvo mariño cristado fai clic aquí e poderás elixir entre diferentes artigos para saber máis.
Podes facer clic sobre as imaxes da fotogalería para as poder ampliar.
Imaxe destacada:
© Pedro Figueras/© Arquivo da Luz Atlántica
Galería de imaxes:
© Pedro Figueras/© Arquivo da Luz Atlántica