Secuencia fotográfica dun corvo mariño cristado sobre unha rocha nas illas Cíes

  /  FOTOBLOG   /  Secuencia fotográfica dun corvo mariño cristado sobre unha rocha nas illas Cíes

Secuencia fotográfica dun corvo mariño cristado sobre unha rocha nas illas Cíes

Secuencia fotográfica do comportamento dun corvo mariño cristado sobre unha rocha nas illas Cíes

Pensamos que era unha boa idea a de espiar, observar e seguir a través dunha cámara fotográfica o comportamento dun corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis) en solitario sobre unha rocha no Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Así que unha vez desembarcamos a primeira hora da mañá na illa Norte ou de Monteagudo do arquipélago das illas Cíes, puidemos observar rapidamente un corvo mariño cristado adulto pousado sobre unha rocha. Estaba a desfrutar dun intre de asueto que aproveitou para acicalarse, á vez que secaba a súa plumaxe ao sol e mais a brisa, movendo, axitando  e aireando as ás, pousado sobre unha rocha nas illas Cíes.

Deste xeito poderá seguir co seu traballo, a súa xornada laboral, xa ben mergullando, pescando, voando…e descansando. Máis tarde que cedo deberá centrarse doutra vez cara á tempada de reprodución e cría, co necesario aporte de enerxía suplementario que iso conleva. Por tanto, traballo extra a maiores. Continuando o ciclo. Desexamos así sexa por moito tempo.

Se queres saber máis sobre o corvo mariño cristado fai clic aquí e poderás elixir entre diferentes artigos para saber máis.

Podes facer clic sobre as imaxes da fotogalería para as poder ampliar.

Imaxe destacada:

© Pedro Figueras/© Arquivo da Luz Atlántica

Galería de imaxes: 

© Pedro Figueras/© Arquivo da Luz Atlántica

Share This