Abr 28, 2016 | ACTUALIDADE

FIN DE SEMANA NUNHA CONTORNA PRIVILEXIADA

Para os días 7 e 8 de Maio propómosche unha fin de semana diferente, para sinxelamente, vir e gozar da natureza da serra.
As actividades están enfocadas para que poidas desconectar do cotián, perdéndoche por entre bosques de castiñeiros e bidueiros.

Polas mañás e polas noites, antes de almorzar e para cear, teremos sesións de Kundalini Ioga, que ademais de reconstituir o corpo tras o trekking, axudaránnos a conectar coa contorna e os seus ritmos.

O aloxamento está incluído no albergue rural e o prezo da actividade completa é libre. En función das túas posibilidades e do que recibiches, estableces o que consideres que é xusto.

Prezo libre, aloxamento incluído.

Máis información e inscricións: info@ascorcerizas.com

Información e Reservas

Xeral: Centro de Educación Ambiental e Albergue As Corcerizas

info@ascorcerizas.com

Formación e Educación Ambiental: Amigos da Terra en Vigo

Rúa Velázquez Moreno, 9-2º.
36201 Vigo
Teléfono: (+34) 986 229 089

Albergue Rural: Amigos da Terra en As Corcerizas

Pista forestal Arnuide – San Mamede Km. 10
32705 – Arnuide. Vilar de Barrio. Ourense
Teléfono: (+34) 988 302 403


Como chegar:

As Corcerizas atópase a unha distancia de 50 Km. de Ourense, na montaña entre as vilas de Maceda e Xinzo de Limia. Forma parte do Concello de Vilar de Barrio, no monte comunal de Arnuide, pobo co que se comunica a través dunha pista a 10km. de distancia e que continúa ata o cumio da serra.

Facebook As Corcerizas

Web As Corcerizas

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos