Volverémolos mirar a tempada que ven!
Con esta imaxe de Fernando Rey Daluz damos por concluída a tempada de reprodución e cría das colonias de gaivota patiamarela (Larus michaellis) dos diferentes arquipélagos do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.
Estes polos xa se convertiron en exemplares inmaduros ou xuvenís acadando o tamaño dos adultos. Non será até entre o terceiro e quinto ano de vida que se convirtan en adultos reprodutores. En maio do vindeiro ano comezará de novo o ciclo, logo por tanto repetiráse o proceso, e volverémolos mirar a tempada que ven!
Imaxe: