Curso avanzado de Fotografía Nocturna no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia
WORKSHOP SÁLVORA STARLIGHT
DATAS:
30-31 de Xullo de 2016
NIVEL:
Avanzado. Requírense nocións de técnica fotográfica en manexo de cámaras de obxectivos intercambiables. Uso e combinación de diafragmas, velocidades, sensibilidade e enfoques. Composición e principios de revelado RAW. O curso fará principal atención á captura de imaxe nocturna de estrelas, via lactea e a súa combinación coa paisaxe e iluminación combinada, así como as bases da postproducción deste tipo de imagenes.
IMPARTE:
Fernando Rey: Fotógrafo, Realizador audiovisual e experto en imaxe científica. Durante os últimos 5 anos captou cos seus cámaras a especial beleza dos ceos nocturnos das Illas Atlánticas (unha delas con mención APOD-NASA), en estreita colaboración co Parque Nacional na certificación Starlight-UNESCO.
PLANING:
Sábado 30:
12:00h: Saída en barco a Sálvora.
13:00 a 14:30: Conceptos de orientación e organización dun traballo nocturno. Software e APPs.
16:00h a 20:00h: Conceptos teóricos de fotografía nocturna.
Parametriación de cámara, medición de luz. Tipos de enfoques. Iluminación natural e artificial. Composición na Paisaxe nocturna. Sistemas de seguimento e disparo. Previsualización e Panorama.
21:30h: Taller práctico en hora azul.
22:30h: Taller de fotografía nocturna.
Domingo 31:
10:00h a 14:00h: Conceptos de edición e procesado.
Software de tratamento. Revelado.
HDR e Panoramas.
14:30h: Comida de despedida
16:30h: Regreso
É necesario que cada participante veña co seu equipo fotográfico (cámara, obxectivos e trípode). Así como lanterna e disparador de cable para a cámara.
Tamén deberá traer material para pásar a noite (saco e esterilla). As comidas corren por conta de cada participante.
INSCRICIÓNS:
Prezo do curso: 135€. No prezo inclúense os talleres, billete de barco á illa de Sálvora (ida e volta) e pasar a noite.
A preinscrición farase mediante mail (formacion@luzlux.com) achegando datos persoais (Nome completo, DNI, dirección, teléfono e mail) así como xustificante bancario do ingreso da preinscrición (55€)
Nº máximo de prazas: 15 participantes
DATA LÍMITE de INSCRICIÓN: 24 de Xuño.
Apúntate Xa!!!
E para calquera consulta envíanos un Mail a formación@luzlux.com