XORNADA DE TRABALLO
CREACIÓN DE PRODUTOS TURÍSTICOS E TURISMO SOSTIBLE no Parque Nacional Marítimo Terrestre Illas Atlánticas de Galicia.
8 de marzo de 2016, de 9 a 19 horas, no Centro de visitantes do parque nacional – Edificio Cambón en Vigo (C/ Rua Oliva, 3)
Obxectivos:
Dar a coñecer o modelo de desenvolvemento turístico actual do Parque Nacional Illas Atlánticas, as súas implicacións ambientais e socioeconómicas.
Expor as iniciativas de turismo sustentable en España e os casos de produtos turísticos de éxito no Parque Nacional Illas Atlánticas e outros espazos protexidos.
Establecer unha estratexia de desenvolvemento e diferenciación de produtos turísticos sustentables a pór en marcha no Parque Nacional e a súa Área de Influencia Socioeconómica coa participación dos empresarios e actores implicados.
Destinatarios:
Empresas turísticas, axencias de viaxe receptivas, xestores de turismo da comunidade autónoma, grupos de acción costeira, técnicos do parque, técnicos de concellos e mancomunidades, persoal de equipamentos de uso público.
Participación:
Gratuíta, limitada a 40 participantes.
Inscrición: envío do formulario de preinscrición online
Entregarase aos asistentes un dossier sobre o modelo de desenvolvemento turístico sustentable do parque nacional, útil para que os empresarios coñézano mellor.
Consultas ou dúbidas:
Tel. 915 100 505, 620 228 505 e formacion.alaire@gmail.com
Preinscrición:
https://docs.google.com/?/1rGcnzoqsfsfgf2j0mDh6oW?/viewform?
Imaxe:
PNMTIAG