Grupo de corvos mariños cristados descansando no litoral rochoso

  /  FOTOBLOG   /  Grupo de corvos mariños cristados descansando no litoral rochoso

Grupo de corvos mariños cristados descansando no litoral rochoso

Grupo de corvos mariños cristados descansando no litoral rochoso.

Instantánea de Fernando Rey Daluz onde apreciamos un grupo de corvos mariños cristados (Phalacrocorax aristotelis) pousados no litoral rochoso, xa ben descansando ou secando a súa plumaxe. É unha das especies máis emblemáticas do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Aínda que oficialmente está catalogada coma Vulnerable, a realidade é que corre serio risco de formar parte da fauna alada en Perigo de Extinción. Esperemos que non se cumpra ese presaxio.

 

Podes ler tamén:

O corvo mariño cristado. Introdución

Corvo mariño cristado mergullando

Parella de corvo mariño cristado ou ghalo de mar en época nupcial

Aproximación ás colonias de aves mariñas do Parque Nacional

 

Imaxe:

LuzLux

© ReyDaluz

Author: Santiago Boado Aguinaga

Santi Boado é licenciado en Historia pola Universidade de Santiago. Investigador, divulgador e redactor. Naturalista vocacional, ten formación en comercialización e información turística, interpretación do patrimonio e educación ambiental. Exerce de guía-intérprete en espazos con valor patrimonial. Tamén é guía acreditado do Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e membro da Asociación de Guías Acreditados das Illas Atlánticas de Galicia-Agaia, do clube de montaña Pena Trevinca-Montañeiros de Galicia e da Seo-Birdlife.

Share This