‘Mar de Ciencia’ ou cómo combinar lecer e turismo científico nas Illas Atlánticas

  /  ACTUALIDADE   /  ‘Mar de Ciencia’ ou cómo combinar lecer e turismo científico nas Illas Atlánticas

‘Mar de Ciencia’ ou cómo combinar lecer e turismo científico nas Illas Atlánticas

‘Mar de Ciencia’, ou cómo combinar  lecer e Turismo Científico nas Illas Atlánticas

Ciencia e turismo van da man no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. Así é cómo nace este consorcio de empresas multidisciplinar, reunidas ao redor do selo de calidade Observer de Turismo Científico, traballando no desenvolvemento e comercialización dun produto de turismo científico co- financiado pola Axencia Galega de Turismo.

© Xabier Vázquez  Pumariño

O proxecto Mar de Ciencia é unha estratexia para lograr a descentralizacióndesestacionalización do turismo neste enclave.

Mar de Ciencia” comercializarase ao público en outubro. Trátase do primeiro paquete de turismo científico de varios días de duración pensado para coñecer as o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia dunha maneira totalmente diferente.

© Arquivo da Luz Atlántica

Deste xeito e xa que o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia situase nunha posición moi avanzada para o desenvolvemento do turismo científico, grazas sobre todo a unha intensa actividade de divulgación, Mar de Ciencia ven traballando na procura dunha ligazón que resulte axeitada no contexto socioeconómico local. Conta este contexto cun gran nivel de integración co profesional da investigación.

Deste xeito, o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia foi quen de obter, en maio de 2017, a cualificación de Destino Científico Observer, baixo a categoría de Reserva científica Observer®, específica para Parques Nacionais.

 

En base ao Informe da Auditoría Observer elaborado para o Parque Nacional, os principais recursos foron agrupados por áreas científicas como astronomía, xeoloxía, historia, medio mariño, fauna e flora ou ecoloxía.

 

 

Mar de Ciencia busca a través do Turismo Científico no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia contorna informar e divulgar, achegando ao visitante a astronomía, botánica, fauna, paleontoloxía, arqueoloxía, historia, xeoloxía, ecoloxía, etc. E xa que logo dando a coñecer unha intensa labor de investigación que os científicos realizan para conservar e poñer en valor este patrimonio natural e cultural.

 

Deste xeito Mar de Ciencia promove a idea de que o coñecemento e a divulgación do noso patrimonio natural e cultural son a base da conservación, xa que non é doado protexer o que non se coñece.

    

Un consorcio e 6 empresas

No primeiro semestre do ano 2018 conformouse un consorcio de 6 empresas que operan en diferentes momentos da cadea de valor do sector turismo en Galicia, na busca da creación dun produto de turismo científico ao redor do Parque Nacional das Illas Atlánticas e a súa contorna. As empresas que elaboran este programa son:

• Selo de calidade en Turismo Científico – OBSERVER.Turismo Científico

• Portal divulgativo e marketplace de Xeodestino – CIES.GAL

• Axencia de viaxes maiorista e minorista –VIO VIAJES ( Axencia de Viaxes)

• Consultora ambiental e turística –HABITAQ ( Turismo na natureza/ ornitolóxico)

• Comunicación visual, contidos e publicidade –LUZLUX(Astro-fotografía)

• TIC-Turismo WIRELESS GALICIA (Tecnoloxías aplicadas ao Turismo)

 

Co cofinanciamento de

 

Imaxe destacada: © Miguel Ángel Agulla Núñez

 

Share This